Os catro elementos dun axente
Un axente de IA non é unha caixa negra. Compónse de catro pezas fundamentais que, xuntas, converten un modelo de linguaxe nun traballador autónomo. Comprendelas é clave para saber como configurar, usar e confiar neles.
O loop
O elemento máis importante que diferencia un axente dun chatbot é o loop ou bucle.
Sen loop, o LLM recibe unha pregunta, responde unha vez e detense. Non hai seguimento. Se a resposta require unha segunda acción, é o usuario quen debe pedirllo.
Con loop, o axente funciona dunha forma diferente:
- Recibe un obxectivo.
- Analiza que necesita para acadalo.
- Executa unha ferramenta (ler un ficheiro, buscar na web, escribir código...).
- Valora o resultado da acción.
- Se aínda non acadou o obxectivo, volve ao paso 2.
- Repite ata completalo ou determinar que non pode facelo.
Este bucle é o que permite que un axente encadee dez, vinte ou cen tarefas sen que o usuario teña que intervir en cada paso.
O contexto
O axente non pode traballar sen saber que está a facer. Para iso necesitamos darlle contexto sobre o noso proxecto.
O mecanismo estándar é un ficheiro de texto (normalmente Markdown) que se garda na raíz do repositorio. O nome varía segundo a plataforma:
| Plataforma | Ficheiro de contexto |
|---|---|
| OpenCode | AGENTS.md |
| Claude Desktop | CLAUDE.md |
| Gemini CLI | GEMINI.md |
| Copilot | .github/copilot-instructions.md |
Contén: instruccións permanentes que o axente le ao comezo de cada conversa. Normalmente inclúen:
- Comandos de instalación e arranque do proxecto.
- Convencións de estilo de código.
- Estrutura do directorio.
- Instruccións de probas.
- Calquera decisión de deseño que o axente deba coñecer.
Este ficheiro é estático: non cambia só. É o usuario quen o edita cando quere engadir ou modificar información.
A memoria
Se o contexto é a información fixa do proxecto, a memoria é a información que o axente aprende ao longo do tempo.
Cando lle dicimos a un axente "isto non era o que quería, facíase así", ese aprendizaxe desaparece na seguinte conversa se non gardámolo. A memoria resolve exactamente isto.
O mecanismo habitual é un ficheiro (por exemplo, memory.md) no que o axente pode gardar correccións e preferencias que imos indicándolle. Por exemplo:
- "O axente sempre usaba
varen vez deconste eu corrixino" → garda na memoria que neste proxecto se usaconst. - "Pedinlle ao axente que non usase un ton tan formal nos correos" → garda que o ton debe ser coloquial.
Co tempo, a memoria faise máis rica e máis precisa, o que fai que o axente sexa mellor no seu traballo sen que teñamos que repetir as mesmas instrucións.
| Contexto | Memoria | |
|---|---|---|
| Que é | Información fixa do proxecto | Aprendizaxes do axente |
| Quen o edita | O usuario, manualmente | O axente, automaticamente |
| Cando cambia | Cando o proxecto evoluciona | Cando o axente comete un erro e corriñémolo |
| Ficheiro | AGENTS.md (ou variante) | memory.md (ou similar) |
As ferramentas
O loop e a memoria non serven de nada se o axente non ten forma de actuar sobre o mundo. As ferramentas son o canal polo que o axente le, escribe, busca e executa.
No ecosistema actual, hai dúas formas principais de conectar un axente con ferramentas:
MCP (Model Context Protocol)
MCP é un protocolo estándar que permite aos modelos conectarse con servizos e aplicacións externas. Funciona cunha arquitectura cliente-servidor: o axente é o cliente e cada servizo que quere usar ten un servidor MCP que expón as súas capacidades.
Skills
Unha skill é unha capacidade especializada que se lle proporciona a un axente de IA para que poida realizar unha tarefa concreta seguindo unhas instrucións, coñecementos e procedementos predefinidos. Dito dun xeito máis sinxelo: unha skill é unha "habilidade" que ensina ao axente a facer algo específico.
Por exemplo, nun axente que traballa cun proxecto de programación, poderías ter skills como:
- Crear documentación → indícalle como xerar documentación seguindo o formato do proxecto.
- Revisar código → define que aspectos debe comprobar e que criterios debe aplicar.
- Crear commits → indícalle como redactar os commits e que convención seguir.
- Traballar con Git → proporciona instrucións para determinadas operacións con Git.
A diferenza importante respecto dunha simple instrución é que unha skill encapsula unha capacidade reutilizable: o axente pode cargala cando a necesita e aplicala para resolver unha determinada tarefa.
Resumo
| Elemento | Que fai |
|---|---|
| Loop | Permite ao axente repartir e executar tarefas ata acadar o obxectivo. |
| Contexto | Informa ao axente sobre o noso proxecto (ficheiro estático). |
| Memoria | Permite ao axente aprender dos nosos correccións (ficheiro dinámico). |
| Ferramentas | Dá ao axente a capacidade de actuar: MCP e Skills. |