Saltar al contenido principal

Exemplos de axentes

Para ver a teoría na práctica, imos coñecer tres axentes reais que incorporan os catro elementos que vimos na lección anterior.

OpenClaw​

Axente persoal de código aberto creado por Peter Steinberger. A súa filosofía é local-first: corre no teu computador e os datos gárdanse en ficheiros Markdown. Interactúa a través de aplicacións de mensaxería (WhatsApp, Telegram, Discord...) en vez dunha interface web. Acadou máis de 180.000 estrelas en GitHub, o proxecto que máis rápido medrou na historia.

Hermes​

Axente autónomo de Nous Research. A súa gran aposta é a mellora continua: non só executa tarefas, senón que aprende delas. Ten un sistema de memoria en tres capas (episódica, semántica e procedimental) e crea automaticamente skills reutilizables cando detecta patróns repetidos.

Odysseus​

Workspace de IA autodirixido creado por PewDiepie. Non é só un axente, senón un espazo de traballo completo que inclúe chat, axentes, investigación profunda, editor de documentos, correo electrónico e calendario. Tudo corre localmente con Docker.

Por que non imos usalos neste curso​

Estes tres proxectos son moi interesantes, pero non imos traballar con eles porque aínda están nunha fase moi primaria (meses de vida) e teñen vulnerabilidades de seguridade graves:

  • OpenClaw ten rexistrados más de 138 CVEs, incluídas vulnerabilidades de execución remota de código, inxeccións e fuga de datos. A súa chema de skills sufriu un ataque de cadea de subministración no que o 12% das skills analizadas eran maliciosas.
  • Hermes ten varios CVEs críticos, incluído un que permite explotar a autorización en lote.
  • Odysseus aínda non ten CVEs rexistrados debido á súa xuventude, pero non é garantía de seguridade.
aviso

O problema fundamental é que estes axentes teñen os mesmos permisos que o usuario. Unha vulnerabilidade non compromete un compoñente illado: compromete todo ao que o axente ten acceso. Incluso nunha máquina virtual, poden acceder á rede local e roubar credenciais de servizos na nube.