Instalación con Docker
Para instalar n8n utilizaremos Docker. Primeiro crearemos un volume para persistir os datos e despois arrincaremos o contedor coa imaxe oficial.
1. Crear o volume de datos
Creamos un volume de Docker para que os datos de n8n se garden de forma persistente:
docker volume create n8n_data
2. Arrancar o contedor
Arrancamos o contedor coa imaxe oficial de n8n desde Docker Hub:
docker run -d --name n8n -p 5678:5678 -v n8n_data:/home/node/.n8n -e N8N_SECURE_COOKIE=false docker.n8n.io/n8nio/n8n
3. Acceder a n8n
Unha vez arrancado o contedor, abre o navegador e accede a:
http://localhost:5678
ou
http://IP_DO_SERVIDOR:5678
se o fas dende outra máquina.
Na primeira execución, n8n pedirache que crees unha conta de administrador.