Exemplo: conexión con Moodle
Manus pode conectarse coa túa aula virtual de Moodle a través da súa API REST e actuar en nome teu: cualificar tarefas, consultar resultados de exames, crear actividades...
Token de acceso
Para que Manus poida comunicarse con Moodle, necesitas un token de API da túa aula virtual.
Non compartas o token con calquera. Ten os mesmos permisos que a túa conta de Moodle.
Cando lle pidas algo a Manus relacionado con Moodle, proporciónalle:
- A URL base da túa aula virtual (ex:
https://o-teu-moodle.edu). - O token de API.
Que podemos pedir?
Cualificar tarefas
Aquí tes o token e a URL do meu Moodle. No curso con ID 123 hai unha tarefa chamada "Práctica 1". Descarga as entregas dos alumnos, corríxeas segundo estes criterios e sube as notas e comentarios de feedback.
Manus descargará os ficheiros entregados, aplicará os criterios de corrección e enviará as cualificacións de volta a Moodle mediante a API, sen que teñas que entrar na plataforma.
Consultar resultados de exames
Dame un resumo dos resultados do cuestionario "Exame Tema 3" do curso 123. Dime cantos alumnos superaron o 5, a nota media e quen necesita reforzo.
Manus consultará as notas a través da API, procesará os datos e presentarache un informe con conclusións claras.