Saltar al contenido principal

Exemplo 3: Moodle

En desenvolvemento

O servidor MCP de Moodle está aínda en fase de desenvolvemento activo. As funcionalidades descritas aquí son as dispoñibles na versión actual, pero hai marxe de ampliación: integración con máis módulos de Moodle, xestión de tarefas e cualificacións, envío de mensaxes, creación de contido... É un exemplo ideal para explorar as posibilidades dos MCP en contornos educativos.

Imos configurar o servidor MCP de Moodle, que permite a Claude consultar información dun curso: alumnos matriculados, entregas realizadas e documentos enviados.

Baseámonos no servidor dispoñible en GitHub

Tipo de MCP

Este é un MCP local. O servidor execútase no noso equipo e require Claude Desktop.

Instala só MCP de confianza

Os servidores MCP teñen acceso ao teu sistema e ás túas credenciais. Instala únicamente servidores de fontes de confianza. Neste caso, o servidor require o teu token de API de Moodle, que lle dá acceso aos datos do curso.

Requisitos previos​

Antes de configurar o servidor, necesitas:

  1. Ter Node.js instalado no teu sistema.
  2. Dispoñer dun token de API de Moodle. Podes xeralo en: Moodle → Preferencias → Seguridade → Claves e tokens de servizo web.
  3. Coñecer o ID do curso que queres consultar (aparece na URL do curso en Moodle).

Instalación​

  1. Clona o repositorio do servidor MCP:

    git clone https://github.com/garciavazquez/mcp-moodle.git
  2. Entra na carpeta do proxecto:

    cd mcp-moodle
  3. Instala as dependencias:

    npm install
  4. Compila o servidor:

    npm run build
  5. Anota a ruta completa onde clonaches o repositorio e a ruta ao executable de Node.js (podes obtela con which node en Linux/Mac ou where node en Windows).

Configuración​

Abre o ficheiro claude_desktop_config.json (Axustes → Desarrollador → Editar configuración) e engade o seguinte fragmento, adaptando os valores ao teu caso:

{
"mcpServers": {
"mcp-moodle": {
"command": "/ruta/a/node",
"args": ["/ruta/a/mcp-moodle/dist/main.js"],
"env": {
"MOODLE_URL": "https://o-teu-moodle.com",
"MOODLE_TOKEN": "o_teu_token_de_api"
},
"disabled": false,
"autoApprove": []
}
}
}

Que significa cada parte?​

  • command: ruta ao executable de Node.js no teu sistema.
  • args: ruta ao ficheiro compilado do servidor MCP.
  • MOODLE_URL: enderezo base do teu Moodle, sen engadir /webservice/rest/server.php.
  • MOODLE_TOKEN: token de autenticación para a API de Moodle.

O identificador do curso ou da tarefa introdúcese despois nas consultas que lle facemos a Claude, non no ficheiro de configuración.

Activar o servidor​

Garda o ficheiro de configuración e reinicia completamente Claude Desktop. Ao volver abrilo, preme o botón + xunto ao cadro de chat. En Conectores deberías ver un co nome mcp-moodle.

Probas​

Unha vez activado, podes facerlle preguntas a Claude sobre o curso configurado:

  • "Cantos alumnos hai matriculados no curso?"
  • "Cal é a porcentaxe de entregas realizadas?"
  • "Que documentos entregaron os alumnos?"
  • "Fai un resumo do estado xeral do curso"

Claude consultará a API de Moodle e presentará a información de forma clara e estruturada.